Chega a Santiago a creación de personaxes de ‘Kung Fu Panda’ e ‘A noiva cadáver’
A creación de personaxes dunha ducia de películas de animación como ‘Kung Fu Panda’, ‘A noiva cadáver’, ‘Hotel Transilvania’ ou ‘Madagascar’ chega a Santiago dende este vienres, 20 de novembro, da man da exposición ‘Heroes animados’, que recolle diversos traballos realizados polo creador Carlos Grangel (Barcelona, 1963) para Steven Spielberg ou Tim Burton.
Tras recibir máis de 20.000 espectadores na Coruña, esta exposición de obras dos últimos 25 anos da catalá Grangel Studios -deseñada por ILUX Visual Techonologies para Afundación- está “pensada para todos os públicos”, e ten a finalidade de achegar a “nenos e maiores” a idea de “que hai detrás” da creación de personaxes, segundo explicou o comisario da mostra, Manuel Meijide.
Así, búscase “plasmar todo o traballo que hai detrás da creación dun personaxe”, mentres se fai un percorrido por “toda a traxectoria de vida” deste, pasando polos debuxos do deseñador, “ata que o neno o ten nunha figurita” nas mans.
Esta exposición poderase visitar dende o 20 de novembro ata o 24 de xaneiro de luns a domingo na sede de Afundación en Santiago (Rúa do Vilar) en horario de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.
PERCORRIDO POLA EXPOSICIÓN
Nunha mostra que arranca cun organigrama da primeira película de Walt Disney sobre o proceso de produción, que como explicou Meijide “non cambiou tanto” ata a actualidade, se poden ver dende algúns dos 50 modelos de paraugas que o debuxante Carlos Grangel lle ensinou a Tim Burton para ‘A Noiva Cadáver’ ou algunhas das 300 propostas que deseñou para o cabalo de ‘Spirit’, antes de que Steven Spielberg dese luz verde á versión final.
E é que ‘Spirit’ foi “un reto moi grande” para Grangel, debido ás complicacións para executar a melena do cabalo, nunha das creacións “máis complexa da animación”, explica o comisario da mostra. Un deseño polo cal o debuxante catalán gañou o Premio Annie, o Oscar da animación, en 2002.
Así, pódense observar dende personaxes humanos a animais, así como principais e secundarios, con esculturas, debuxos orixinais e animacións de films como ‘Espantatiburones’, ‘¡Piratas!’ ou ‘O príncipe de Exipto’.
Entre outras curiosidades, os asistentes poderán obsverar os debuxos realizados en caixas de cartón de cereais, que levaron tal cual aos estudios para as presentacións pola textura e imaxe que se consegue, así como as caligrafías botas a man para as letras das películas, xunto á carta de cores orixinais que usa Grangel, que ten como máxima non traballar “nunca” en secuelas.
Nun percorrido coa prensa pola exposición, unha das cuestións sobre as que chamou a atención Meijide é a importancia que o ‘merchandising’ adquiriu nas producións de animación, xa que é o que “permite seguir facendo películas”, pois en moitos casos xera máis ingresos que o propio filme.
ANIMACIÓN “SEN COMPLEXOS” FÓRA DE EE.UU.
Todo iso, nunha exposición para que “se saiba que se pode facer aquí” animación “sen complexos” e “non se ten que facer en Estados Unidos” para conseguir calidade, na que os máis pequenos poden ver como se poden gañar a vida a través dos debuxos.
Ao respecto, a coordinadora da sede de Afundación en Santiago, Ana Salgado, espera que esta mostra “se converte en referencia para a cidade” tras o éxito do seu paso por A Coruña.











