Charla-presentación en Bueu do Libro Branco sobre Ence

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Hoxe ás 20.30, a sala Domínguez Búa vai acoller unha charla-presentación do Libro Branco sobre Ence, unha iniciativa para tentar que a fábrica de celulosa abandone a ría de Pontevedra. En principio agárdase a presenza de Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría, e de Juan Manuel Loureiro, presidente da Federación de Veciños Castelao.

Este libro xa se presentou a semana pasada en Marín, e en Pontevedra a finais de outubro en Pontevedra.

O libro é unha radiografía sobre o que é e ENCE ata a que deberían dedicarse os espazos nos que hoxe se atopa a fábrica de papel. Varios colectivos contrarios á presenza de ENCE en Lourizán decidiron distribuír en torno a 15.000 libros para que os cidadáns coñezan o que significa esta problemática e como afecta ás nosas rías.

12 de novembro de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.