Case un centenar de persoas intentan impedir o derrubamento dunha casa en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoSucesos
A-
A+
Europa Press

En torno a un centenar de persoas, algunhas con vehículos, rodean unha casa na parroquia de Ombreiro, en Lugo, para intentar evitar a súa demolición, en cumprimento dunha orde da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ata alí desprazáronse cinco patrullas, tres da Policía Nacional, outra da autonómica e unha unidade dos antidisturbios da Policía Autonomica.

Segundo fontes policiais, están á espera de que chegue o mandato xudicial para iniciar os traballos de demolición, sen que ata o momento se rexistrara ningunha incidencia, aínda que se produciu algún forcexo, sen maiores problemas.

17 de novembro de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.