Carmela Silva participa na inauguración da terceira edición do festival Igualarte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
Carmela Silva na inauguración de Igualarte

Carmela Silva na inauguración de Igualarte

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou onte martes na inauguración da terceira edición do festival Igualarte en Vigo, xunto ao alcalde da cidade, Abel Caballero.

O festival recollerá durante tres días, no auditorio do concello vigués, diversas actuacións e exposicións de varias expresións artísticas (fotografía, danza, música…). Igualarte é un espazo activo onde se traballan diversas expresións artísticas de persoas con capacidades diferentes.

Carmela Silva subliñou na súa intervención que a arte é un dereito de todos, “e todos e todas teñen dereito á súa propia expresión artística e a desfrutar da arte independentemente da súa capacidade”.

4 de novembro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.