publicidade hoxe

Cambre alberga unha proba deportiva de orientación a pé

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportes
A-
A+

Este sábado 21 de novembro de 2015 celebrarase unha proba deportiva de orientación a pé “I Trofeo Concello de Cambre” que terá saída e chegada na zona de Samosteiro (parroquia de Cambre).

Proba organizada polo club de Cambre “Ro-Baliza Club de Orientación” e que será puntuable para a liga Galega de carreiras de Orientación a pé.

A proba conta con máis de 350 inscritos e os horarios de saída aproximados serán: 11:00h, 11:10h e 11:20h segundo categorías. A entrega de premios estímase para as 13:45h.

19 de novembro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.