publicidade hoxe

Boiro acolle unha xornada de concienciación sobre a contorna e obradoiros con plantas silvestres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Os días 13 e 14 de novembro vaise desenvolver unha actividade medioambiental sobre as funcións do monte e os seus recursos que rematará coa realización dun obradoiro con plantas silvestres.

O venres 13 ás 16h, terá lugar no Centro Social de Boiro una charla-coloquio sobre as características do medio forestal, os seus valores e funcións; as capacidades reprodutivas das especies que o integran e o uso das plantas silvestres.

Seguidamente, o sábado 14 ás 16 h, realizaranse varios obradoiros con plantas silvestres, consistentes en tinguido de lá con vexetais, elaboración de auga aromática, usos aromáticos de outras plantas medicinais e elaboración de confeitos e marmeladas.

Apoiada por presentación informática e material audiovisual, sinalaranse as pautas para a colleita e conservación das plantas, manexo e precaucións ao respecto, incluíndo consellos para evitar danos á saúde e impactos sobre a contorna.

Cada participante recibirá documentación escrita, en formato CD, coas presentacións e materiais empregados, receitas,etc.

Esta actividade está organizada polo Departamento de Medioambiente en colaboración co Centro Social de Boiro e conta cun financiamento da Deputación da Coruña.

9 de novembro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.