publicidade hoxe

Besteiro acusa a Manuel Martínez de situarse nas antípodas políticas de onde está o PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLugo
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou este luns en Lugo ao alcalde de Becerreá e deputado provincial, Manuel Martínez, ao votar co PP no pleno de organización da Deputación, de “situarse nas antípodas políticas de onde está o Partido Socialista”.

Preguntado sobre se interpretaba iso como transfuguismo, Besteiro sinalou que “o que está claro é que hai un deputado que está no Grupo Socialista que vota co Partido Popular e esa é unha realidade palmaria”.

“Polo tanto todos sabemos sacar conclusións desa decisión de votar co Partido Popular, que se sitúa nas antípodas políticas de onde está o Partido Socialista e, a partir de aí, dous máis dous son catro dígao esa comisión (antitransfuguismo a quen se remitiu un informe sobre as votacións de Martínez na deputación de Lugo) ou non”, afirmou.

“Nese sentido o posicionamento político está claro; votou en contra do grupo provincial socialista e votou co Partido Popular, que se sitúa nas antípodas do partido socialista”, abundou o líder dos socialistas galegos.

RESPALDO

Así mesmo, Gómez Besteiro reiterou o seu respaldo “á posición” do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, “e, polo tanto, ao grupo provincial”.

“A partir de aí continúase co procedemento establecido (a expulsión de Martínez do grupo) e nese sentido non hai nada novo”, engadiu Besteiro. “A miña posición política é de respaldo total e absoluto ao presidente provincial e ao Grupo Provincial Socialista”, concluíu.

9 de novembro de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.