Babaluva Teatro trae a Ames o espectáculo para bebés “A Alfombra máxica”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesCalendario
A-
A+

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 13 de novembro, dúas representacións do espectáculo “A Alfombra máxica” da compañía Titeres Babaluva, unha obra dirixida a nenos e nenas de ata 3 anos de idade. Trátase dun espectáculo sensorial no que a artista Mirari Urrozola axudará aos máis pequenos a descubrir texturas, sons e olores a través do xogo e a sorpresa. A primeira representación terá lugar ás 17:30 e a segunda unha hora máis tarde, ás 18:30 horas. En cada unha delas poden participar quince bebés e os seus acompañantes. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

Títeres Babaluva mergúllase unha vez máis no mundo dos máis pequenos/as da casa e crea un espectáculo no que acompaña aos nenos e as nenas no camiño de descubrir a que sabe, a que ule e que se sente cando se toca o mundo. A Alfombra Máxica é un espectáculo sensorial que se desenvolve sobre unha alfombra táctil que ule e soa, un lugar de experimentación libre onde os cativos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar e ver.

A Alfombra máxica fomenta a experimentación para que ese público miúdo ao que vai dirixido experimente xogando cos sentidos e aprenda a tocar, a manipular e a investigar coas mans e co corpo enteiro. “Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións”, segundo manifestan os responsables da compañía Babaluva.

Un total de 15 nenos e nenas de ata 3 anos de idade cos seus acompañantes poderán asistir a cada unha das representacións deste espectáculo, que se vai a representar na Casa da Cultura do Milladoiro, polo que están programadas dúas funcións. A primeira delas terá lugar ás 17:30 e a segunda ás 18:30 horas. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

10 de novembro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.