publicidade hoxe

Asinados contratos para a realización de obras de mellora en Carballo por 400.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller os actos de sinatura de dous contratos para o desenvolvemento de obras na capital municipal por un importe total de 404.146,41 euros. En primeiro lugar, o Alcalde, Evencio Ferrero, asinou con representantes da empresa Ediserpo SL (na imaxe) o contrato administrativo dos traballos de “Substitución da cuberta no Pavillón Polideportivo Municipal Vila de Noia”, que tivo un prezo de adxudicación de 261.657,66 euros (IVE incluído). A empresa comprometeuse, sen custo adicional, a reformar a maiores o sistema de ventilación do pavillón, a pintar as fachadas do edificio e a substituír as luminarias existentes por lámpadas LED para redundar na mellora enerxética.

O prazo de execución das obras é de 33 días naturais, aínda que tamén depende das choivas. Logo, Ferrero asinou coa empresa Lancer Proyectos y Obras SA o contrato para realizar obras de “Pavimentación na rúa Lugo e varios espazos urbanos” por un importe de 142.488,75 euros (IVE incluído) con un prazo de execución de dous meses. As melloras realizaranse en varias parcelas da capital municipal destinadas a aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos en seis zonas: na contorna da rúa Enrique Sánchez; na contorna da rúa Avilés de Taramancos; na contorna das rúas Pontevedra e Roberto Vidal Bolaño; na contorna da rúa Pontevedra; na contorna da Rúa Lugo; e na da rúa Gardenias.

As obras consistirán na pavimentación das parcelas con aglomerado, xa que que na actualidade contan con pavimento de zahorra artificial compactada que require de altos custos de mantemento. Ademais, procederase ao pintado das prazas de estacionamento e á colocación da sinalización viaria.

6 de novembro de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.