publicidade hoxe

As listas do censo electoral de Mos poderán consultarse ata o 9 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos informa de que, con motivo das vindeiras eleccións ás Cortes Xerais, segundo escrito remitido pola Oficina do Censo Electoral, e en cumprimento do establecido no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, ponse a disposición dos veciños, o servizo de consulta das listas do Censo Electoral vixentes para que poidan ser consultadas ata o 9 de novembro. Data ata a cal, de ser o caso, poderanse facer as reclamacións que se consideren pertinentes.

Para acceder ós seus datos, que xa están dispoñibles para a súa consulta, poderán facelo no Padrón do Concello de Mos, previa identificación mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir, de luns a venres de 9.00 horas a 14.00 horas.

3 de novembro de 2015 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.