As Barferencias de Inverno comezan o venres con “A testemuña dun século de Historia” da man de María González Portela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este venres, 20 de novembro, comeza o ciclo de Barferencias organizado polo Concello da Guarda coa colaboración de ANABAM, para por en valor a cultura e aos veciños e veciñas desta vila.

Nun primeiro momento nesta data ía a ter lugar a conferencia “Testemuñas da represión no Colexio dos Xesuítas de Camposancos” pero, por motivos de saúde, Francisco Álvarez García (Paco mi Vida) tivo que ser cancelala. 

No seu lugar a primeira “Barferencia de Inverno” será “A testemuña dun século de Historia” na que participará María González Portela, veciña guardesa que este mesmo mes cumpriu os 100 anos.

María González Portela falará aos presentes de como viviu ela, e tamén a vila, os distintos cambios políticos e sociais e as diferencias máis salientables da Guarda de hai 100 anos. A través da súa vida e da súas experiencias, rememorando as súas vivenzas, problemas e necesidades, María tamén contará a vida desta poboación.

A cita é ás 20 horas no restaurante O Cangrexal, situado no Porto.

18 de novembro de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.