publicidade hoxe

Andrés Díaz convida aos novos concelleiros do PP a sumarse ao diálogo construtivo para lograr o progreso social de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, manterá unha xuntanza cos novos voceiros do PPdeG na Corporación Municipal co fin de invitalos a iniciar un diálogo construtivo que teña como obxectivo lograr o progreso social e a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio.

Andrés Díaz animará aos novos responsables do PPdeG a impulsar políticas conxuntas que axuden a diminuir as altas cifras de desemprego con iniciativas como as que están poñendo en marcha o equipo de goberno  con empresas que están ubicadas no parque empresarial da Reigosa que van a favorecer a contratación de preto dun cento de persoas nos vindeiros meses.

O rexedor tamén plantexará os voceiros da oposición iniciativas encamiñadas a loitar e previr a violencia de xénero así como fortalecer os Servizos Sociais do Concello como xeito solidario de atender as demandas daquelas familias que todavía están a sofrir os efectos da crise económica. 

Outra das ofertas que fará Andrés Díaz aos concelleiros do PPdeG será a posta en marcha, o vindeiro ano, dun ambicioso plan de dinamicación cultural, social e económica que teña como protagonistas aos veciños e veciñas das zonas rurais do municipio así como as entidades asociativas, xuvenís, deportivas e empresariais a través da participación coletiva de todos eles. 

Finalmente, o alcalde convidará aos edís do PPdeG a que fagan propostas para ser examinadas polo equipo de goberno co fin de mellora-los orzamentos municipais para o 2016, que se atopan en fase de elaboración coa aportación dos veciños dos 33 lugares que conforman o municipio. O desexo de Andrés Díaz é o de establecer unha canle aberta de participación, debate e intercambio de ideas coa oposición como xeito construtivo de avanzar no progreso social de Ponte Caldelas. 

AGRADECEMENTO E DESEXO DE BOA SORTE PARA PERFECTO RODRÍGUEZ 

Por outra banda, Andrés Díaz agradeceu a Perfecto Rodríguez e aos membros do seu equipo, como Francisco Regueira, Teresa Martínez e Gonzalo Gesteira, a súa adicación persoal ao Concello e desexoulle moita sorte e felicitouno polo seu inminente nombramento como xerente do Consorcio Galego pola Igualdade e o Benestar e manifestou o seu respecto polo traballo realizado por estas persoas que sempre defenderon, desde posicións democráticas, o que consideraban necesario para Ponte Caldelas.

9 de novembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.