publicidade hoxe

Andaina Pro Saúde Mental inaugura a súa mostra de pintura no Museo do Traxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Este vindeiro venres, 13 de novembro, ás 19 horas, no Museo do Traxe, terá lugar a inauguración da mostra de pintura realizada polos usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental. En total exporanse sesenta pezas de todos os estilos e realizadas con distintas técnicas.

A cita está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a actividade creativa e pictórica que esta asociación, sen ánimo de lucro e con sede en Ordes, vén realizando nos últimos tempos. “Cada semana facemos talleres e arteterapia. Empregamos a pintura como unha canle de expresión e desafogo para moitos dos nosos usuarios e usuarias. Non é o único porque tamén temos obradoiros de traballos manuais onde facemos todo tipo de cousas, abelorios e utensilios. En todo isto temos unha especial predilección polos materiais reciclados”, manifesta Omaira Tuirán, fundadora de Andaina Pro Saúde Mental.       

11 de novembro de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.