AFAL Ferrolterra participa no VI Congreso Nacional de Alzheimer
AFAL Ferrolterra participará este ano activamente no VI Congreso Nacional de Alzheimer, que se celebra este xoves, venres e sábado en Valladolid. A psicóloga da asociación, Rita Touza, estará presente na mesa “As Afas como Centros De Investigación Social”, coa ponencia “Proxecto europeo UnderstAID e perfil do usuario e coidador familiar dun Centro de Día como elementos clave na instauración de estratexias de intervención”. Nela, a representante de AFAL exporá os proxectos de investigación nos que actualmente colabora co Grupo de investigación en Xerontología (GIG) da Universidade da Coruña (UDC).
Presentaráse o Perfil de usuarios e coidadores do Centro de Día de Ferrol e as implicacións de cara ás intervenciones que conleva. E, tamén, daráse a coñecer a participación de AFAL Ferrolterra no Proxecto Europeo understAID, para a creación dunha plataforma con soporte para smartphones, tablets, ordenador, que permitirá informar, proporcionar apoio e formación aos coidadores informais, de forma personalizada e dando resposta ás súas necesidades de forma inmediata. Con isto, preténdese facilitar a vida dos coidadores informais.











