publicidade hoxe

Aberto o prazo de inscrición no Mercado de Segunda Man que se celebrará en Sedes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

As persoas interesadas en instalar un posto de venta na sétima edición do Mercado de Segunda Man que se celebrará o 13 de decembro no recinto feiral do Trece, en Sedes, poden xa inscribirse, de balde, no Rexistro do Concello. A iniciativa, tal e como recordou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, diríxese a particulares e estará limitada a un total de 120 postos. O prazo para anotarse rematará o 5 de decembro.

Os participantes deben ser maiores de idade e non poderán vender animais, produtos alimenticios, bebidas nin artesanía, según se recolle nas bases da convocatoria. Desde o Concello facilitaráselles unha mesa e unha cadeira a cada responsable dos postos para o espazo que lles sexa asignado dentro do recinto feiral. Así mesmo, os titulares dos mesmos terán que comprometerse a entregar como mínimo un quilo de alimentos ou produtos de limpeza que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

17 de novembro de 2015 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.