publicidade hoxe

A Xunta recibe do Concello da Rúa o PXOM para a súa aprobación definitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Rúa
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa da Rúa. Foto: X. Crespo

Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa da Rúa. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu hoxe á alcaldesa da Rúa, María González, quen fixo entrega ao Goberno autonómico do Plan Xeral de Ordenación Municipal para proceder a súa aprobación definitiva.

O PXOM da Rúa empezou a redactarse en 2004. Tras o informe previo emitido pola Consellería, foi aprobado inicialmente polo Pleno municipal en novembro de 2008. Posteriormente o Concello da Rúa aprobou provisionalmente o PXOM en xaneiro deste mesmo ano.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitou en maio ao Concello que xustificara unha serie de observacións, así como que subsanara certas deficiencias detectados no mesmo.

O documento que agora se somete á aprobación definitiva da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio xunta anexo xustificativo de terse dado cumprimento ás consideracións autonómicas.

Encarnación Rivas trasladoulle á rexedora municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do PXOM composta polo expediente administrativo e o proxecto do documento de planeamento. Unha vez superado este trámite, a Administración autonómica dispón dun prazo total tres meses para analizar o PXOM.

En todo caso, a secretaria xeral amosou a súa intención de poder resolver nun prazo máis breve, tendo en conta que se trata dun documento xa analizado previamente polos técnicos autonómicos, que agora deben comprobar as correccións introducidas.

A Xunta de Galicia destaca o apoio a este proxecto urbanístico, tanto no aspecto técnico, posto que se celebraron 8 reunións deste tipo, como económico, xa que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio concedeu axudas por un importe superior aos 100.000 euros para a redacción do plan xeral.

30 de novembro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.