A Xunta reafirma o seu compromiso coas emprendedoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+
López Abella na visita a Onírica Comunicación

López Abella na visita a Onírica Comunicación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Ames a sede de Onírica Comunicación, unha empresa que foi beneficiaria das axudas do programa ‘Emega’, co que a Xunta está a incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia.

Este proxecto empresarial de comunicación beneficiouse dunha axuda de 12.500 euros en 2014, dentro das liñas ‘Emprende’ e de formación dual que ofrece a Secretaría Xeral da Igualdade. A empresa Onírica da servizo integral no ámbito das TICs para empresas, ofrecendo asesoría no sector web e audiovisual.

O proxecto “Galicia de compras” que hoxe se presentou ten coma obxectivo establecerse como a plataforma de referencia de servizos de asesoría e marketing para as Pemes e os autónomos e autónomas galegas.

Ao acto asistiron tamén os xerente e directores comerciais en Galicia de Iberdrola, Vodafone, ASM, Reciclaxes Blipvert, o director do Centro de Institucións de Galicia de La Caixa e representantes de Woman Emprende, entre outros, todas elas entidades colaboradoras do proxecto.

A presentación, que foi levada a cabo por Natividad Paramá Ferreiro, xerente de “Galicia de Compras”, marcará o inicio dun proxecto que ten ambición de consolidarse coma a plataforma de referencia para os empresario/as galego/as en temas relacionados con marketing e comercio, segundo relatou a xerente na presentación do proxecto.

O programa ‘Emega’

A orde de axudas do ‘Emega’ suma dous dos eixos estratéxicos polos que aposta e seguirá apostando o Goberno galego: a procura da Igualdade real entre homes e mulleres e a aposta polo emprendemento e especialmente polo feminino.

A Xunta está a apostar pola igualdade desde todos os ámbitos, ben sexa a través da loita contra a violencia de xénero e a asistencia das mulleres que a padecen, como fomentando a igualdade no ámbito educativo e nos concellos galegos.

Así mesmo, o Executivo autonómico está a apoiar o emprendemento, fundamental en tempos de crise e tamén agora que se albisca a recuperación económica. Nesa recuperación xoga un papel fundamental a xente emprendedora, especialmente as mulleres, ás que a Secretaría Xeral da Igualdade trata de favorecer con medidas como o ‘Emega’.

6 de novembro de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.