A Xunqueira 1 acolle unha charla sobre a situación do galego no ensino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza mañá 11 de novembro, ás 12 horas, unha conferencia sobre a situación do galego no ensino para un grupo de 100 alumnos/as de 1º de bacharelato do IES A Xunqueira 1.

Mónica Pazos, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, falará da historia da lingua galega no sistema educativo e tratará máis polo miúdo a situación actual do noso idioma nos diferentes tramos do ensino.

Esta conferencia encádrase dentro da programación que a Concellaría de Normalización Lingüística desenvolve, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización da lingua galega nos centros de ensino do concello, para promover un maior uso da lingua galega neste sector da sociedade, fundamental para o futuro da lingua.

10 de novembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.