A tradición do magosto instálase no CEIP Campomaior

Magosto no Ceip Campoamor
Os nenos e nenas do CEIP Campomaior viviron hoxe unha xornada marcada pola tradición do magosto. Todas e todos invadiron o patio do centro escolar para desfrutar con xogos temáticos, nos que en moitos casos se empregaron castañas para a súa elaboración. A media mañá chegou o momento máis esperado, o de coller cada un o seu paquetiño de castañas quentes do lume e degustalo a carón dos compañeiros e compañeiras. Para levar a cabo esta tradición, que levaba cinco anos parada, foron imprescindibles os membros da ANPA, que se encargaron da leña e de preparar os setenta quilos de castañas encargados para a ocasión.











