A TIC solidarizase coa campaña Ningún Árbol Vacío da asociación lucense Bonhomía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Fundación TIC suma un novo apoio ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia, coa realización da campaña “NingúnÁrbol Vacío”, da asociación Bonhomía. A entidade estréase con estainiciativa, para que todos os rapaces de Lugo teñan un regalo este Nadal. Unequipo de profesionais e bolseiros da TIC gravaron varias secuencias dunanuncio publicitario, coa participación de nenos e persoas maiores, na prazaMaior de Lugo. Unha vez editado, Bonhomía difundirá o spot na súa páxina web, www.bonhomia.org , e nasredes sociais.

A colaboración da TIC complementarase coa realización de reportaxes sobreo desenvolvemento da campaña coa que o colectivo procura a solidariedade doslucenses.

Pasos a seguir

Para participar na campaña é preciso rexistrarse na páxina web deBonhomía. Una vez feito, a persoa colaboradora recibirá a carta que un neno ounena, dunha familia sen recursos económicos escribiu aos Reis Magos, dendeLugo. O seguinte paso é mercar o seu regalo, cun custe inferior aos 30 euros, elevalo a un dos moitos puntos de recollida sinalados pola asociación.

O día 6 de xaneiro, os rapaces recibirán os agasallos que pediron as súasmaxestades, grazas á complicidade dos cidadáns que colaboren para que se cumprao obxectivo de “Ningún Árbol Vacío”.

A difusión socialda TIC

A achega de TIC é froito do convenio que ven de asinar con Bonhomía, parapromover o seu labor de loita contra as desigualdades socioeconómicas,culturais, de xénero ou de calquera tipo, no ámbito da nosa provincia. Ocolectivo recen creado persegue tamén aparticipación cidadán na defensa e procura dunha vida digna dos sectores maisvulnerables da poboación.

Na actualidade son máis de 130 as organizacións que manteñen acordos decolaboración coa TIC, que facilitan aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción nomercado laboral.

6 de novembro de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.