A Sociedade Ximnástica continúa entre os 30 mellores clubs nacionais
A Federación Nacional acaba de publicar a clasificación xeral dos Clubs nesta puntuación de finalistas nos Campionatos de España durante 2015 e unha vez máis a Ximnástica volve colocarse entre os 30 mellores Clubs de España, dun total de 326 entidades atléticas, que conseguiron puntuar.
Con 96,5 puntos a Ximnástica sitúase o vixésimo sétimo, baixando 10 posicións con respecto ao ano pasado, na que foi a súa mellor clasificación da súa historia; pero hai que remontarse a 2006, cando a Ximnástica estivo por baixo do posto 30, na posición 39.
O Campionato de España que máis puntos deu á Ximnástica, en concreto 26, foi o da categoría Junior do pasado verán, onde se conseguiron 3 medallas.
Ademais é o primeiro equipo galego da clasificación, xusto por encima do Comesaña, que está no posto 28.
4 atletas da Sociedade Ximnástica estiveron na concentración de saltos da Federación Galega
Santiago Ferrer Alonso, ademais de atleta e adestrador da Sociedade Ximnástica, é o novo responsable técnico da Federación Galega, no subsector de saltos verticais (altura e pértega) e estreou a súa nova responsabilidade o pasado fin de semana en Ourense, nunha concentración do sector de saltos da Federación Galega.
Á mesma asistiron 4 atletas do equipo lerezano, María Jiménez, Pablo Tojal, Marco Martínez e Emma Lorenzo; que baixo a dirección dos responsables técnicos da Federación, puíron eses pequenos detalles técnicos que sempre axudan a ir mellorando aos poucos e quen sabe se nun futuro, formarán parte do equipo de Galicia Absoluto no nacional de Federacións Autonómicas.











