A primeira película filipina do OUFF chega da man do “Bambanti” de Zig Dulay

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Festival de Cine Internacional de Ourense recibiu este ano a primeira película filipina nas súas vinte edicións. Trátase de “Bambanti”, dirixida polo novo director Zig Dulay, que ademais tivo a sorte de ser seleccionada para a competición oficial, segundo César Silva, director de Programación do certame. O director, que viaxa por vez primeira a Europa, agradeceu a invitación do Festival de Cine de Ourense por terlle dado a oportunidade de estar aquí.

O propio Dulay contou que a palabra “bambanti” significa espantallo no seu país, e el decidiu utilizala como metáfora do papel que xogan as nais na defensa dos seus fillos. No caso concreto da película, a proxenitora do propio director, xa que se trata “dunha historia persoal”, na que un neno é acusado falsamente de roubar un reloxo pertencente a unha nena da casa na que a nai do rapaz traballa como lavandeira.

A rodaxe resultoulle relativamente sinxela, segundo Dulay, porque “coñecía o sitio e tamén a moitas das persoas que tiñan relación ca situación que se narra na película”. En cuanto ao cine filipino, o director de “Bambanti” afirmou que contan con axudas oficiais, así como a posibilidade de participar en festivais internacionais. No seu caso indicou que hoxe mesmo está en Ourense e mañá viaxa a Nantes tamén para participar noutro certame.

18 de novembro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.