publicidade hoxe

A Policía Local recupera un vehículo municipal sustraído de madrugada en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosSucesos
A-
A+
Recuperación do vehículo

Recuperación do vehículo

A Policía Local de Mos recibiu ás 08.00 horas de hoxe unha chamada realizada polos traballadores do departamento municipal de Vías e Obras alertando de que na nave de dito departamento fora forzada unha das portas laterais e que o autor ou autores dos feitos causaran destrozos no interior do edificio, así como a sustracción do diñeiro efectivo recaudado en dúas máquinas expendedoras que tamén foron destrozadas e o roubo dun vehículo propiedade do Concello que contiña ferramenta no seu interior.

De inmediato estes feitos foron postos tamén en coñecemento das forzas policiais, tanto Policía como Garda Civil, dos arredores para proceder á búsqueda do coche sustraído. 

Recuperación 

A Policía Local recuperou o vehículo dúas horas despois da denuncia da súa desaparición. Foi atopado en Sanguiñeda, nun dos camiños interiores da parroquia con baixa circulación de automóbiles e persoas, contando con tódolos bens intactos contidos no interior do mesmo. 

Nestes intres a Policía Local de Mos e a Garda Civil atópanse realizando as correspondentes investigacións para a averiguación da autoría dos feitos.

6 de novembro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.