publicidade hoxe

A policía do Carballiño detén a unha persoa por ameazas e por esnaquizar o interior dun bar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO CarballiñoSucesos
A-
A+

A policia local do Carballiño detivo as 13:00 horas deste pasado mércores a J.M.G, de 39 anos de idade, como presunto autor de delitos de ameazas e altercados nun establecemento público da vila.

Os feitos tiveron lugar as 12:30 do mesmo mércores, cando a policía local recibiu unha chamada alertando do que estaba sucedendo nun bar da rúa principal, onde, segundo testemuñas, un individuo de etnia xitana entrou ameazando á camareira e tirando os obxectos que se atopaban na barra e no local.

Ante a chamada de alerta o individuo fuxiu co cal a policía local iniciou un dispositivo de para localizalo, dándolle o alto na zona da estrada de Ribadavia, sen que o presunto parara co cal os axentes tiveron que perseguilo, deténdoo finalmente na estrada OU 208, sobre as 13:00 horas.

O detido foi posto a disposición xudicial, e a camareira do local foi levada o centro de saúde do Carballiño, sen que presentara aparentemente lesións.

19 de novembro de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.