publicidade hoxe

A lousa galega estará presente na feira de construción máis importante do mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaGalicia exterior
A-
A+

A lousa galega está presente na feira de construción máis importante do mundo grazas a Europizarras. A compañía con sede na Fonsagrada participa en Batimat , o líder mundial nos salóns da construción, que se celebra desde o pasado 2 de novembro até mañá, día 6, no recinto feiral de París Nord Villepinte.

O evento reúne cada dous anos a oferta internacional máis completa en produtos, materiais e servizos, e nela danse cita o maior número de profesionais de todo o mundo dentro do sector da construción (propietarios, arquitectos, contratistas…) nacionais e internacionais. Así, a pasada edición Batimat contou coa presenza de máis de 400.000 visitantes, pertencentes a máis de 140 países de todo o mundo 

Europizarras é a única empresa galega do seu sector que participa este ano en Batimat. Fortemente consolidada, esta entidade está presente nos máis importantes mercados europeos coas máximas certificacións de calidade. Con 75 empregados e 18.000 toneladas de extracción ao ano, a produción da empresa representa o 10% da totalidade do mercado francés. 

Cabe destacar que actualmente a lousa de Fonsagrada está moi especializada na restauración de varios edificios que forman parte do patrimonio histórico de Francia (igrexas de San Pedro e San Pablo, os castelos da Motte Glain ou o de Bourbansais– Bretaña), Luxemburgo (a Antiga Estación), Bélxica e Alemaña.

5 de novembro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.