A lingua inglesa e a cociña serán protagonistas da programación mensual do Nuby Club

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A inmersión na lingua inglesa e a cociña protagonizarán as actividades do Nuby Club do mes de novembro, que se desenvolverán todos os sábados, de 16:30 h. a 20:30 h., na Sala de Xogos da 2ª planta, e estarán dirixidas a nenos de 4 a 12 anos.

Mañá dará comezo co taller Little Shakespeare, no que os máis pequenos aprenderán os números e as cores en inglés e practicarán a súa pronuncia divertíndose con xogos como o twister ou o bingo.

O sábado 14 converteranse en reposteiros para elaborar, paso a paso, deliciosas galletas de manteiga, que decorarán despois con glasa de cores.

O sábado 21 continuarán coa súa aprendizaxe de inglés adquirindo novo vocabulario a través do coñecemento de cancións populares inglesas, actividades de pintura e xogos.

O sábado 28 crearán divertidas finger puppets ou marionetas de fieltro para os dedos con orixinais formas de animais, que lles servirán de escusa para repasar os seus nomes en inglés mediante actividades de teatro e cancións.

Os interesados en participar na oferta de entretemento do Nuby Club poden consultar toda a información referente a este espazo en www.ccarousa.com.

6 de novembro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.