A Lama mellora a eficiencia enerxética do seu alumeado e adquire un vehículo para mantemento medioambiental
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou no concello de A Lama para comprobar as obras realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, e que permitiron executar un proxecto de mellora da eficiencia enerxética nos lugares de Os Carreiros e A Porteliña, así como a adquisición dun vehículo de 7 prazas para o Servizo de Conservación e Mantemento Medioambiental do municipio.
Cores Tourís lembrou que o Fondo procede do canon eólico e leva xa cinco anos beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias para acceder a servizos que antes non existían.
Así mesmo, destacou que tamén representa un beneficio para os seus cidadáns, xa que subvencionan iniciativas de mellora do entorno e conservación do medio ambiente; e contribúe ao reequilibrio territorial, posto que a meirande parte dos beneficiarios son concellos pequenos e do interior, como é o caso de A Lama. Dende 2009, outorgáronse máis de 120 axudas de este tipo nos concellos da demarcación territorial da Xunta en Pontevedra.
Deste xeito, Cores Tourís visitou as obras de eficiencia enerxética do alumeado público de Os Carreiros e A Porteliña, acompañado polo alcalde da localidade, Jorge Canda. Grazas a estes traballos logrouse reducir o consumo eléctrico das instalacións de alumeado co concello substituíndo as luminarias existentes por outras máis eficientes coa colocación, ademais, de equipos electrónicos de triple nivel luminoso, que axustan o fluxo lumínico e o consumo da lámpada dependendo da hora. Tamén se instalou un reloxo astronómico para que o alumeado só funcione cando sexa estritamente necesario.
O aforro enerxético anual para este concello será de 10.502 horas ao ano, substituíndose en total 59 lámpadas en ambos lugares do concello.
Por outra banda, aproveitando estas mesmas axudas, e co mesmo fin, o concello tamén levou a cabo a substitución da iluminación convencial á tecnoloxía led no pavillón polideportivo do municipio.
Finalmente, o Fondo de Compensación Ambiental tamén permitiu ao concello de A Lama a adquisición dunha furgoneta de sete prazas para o Servizo de Conservación e Mantemento Medio Ambiental deste municipio. O alcalde recordou que este vehículo permitirá ao Servizo levar a acabo labores de protección do medio ambiente nun concello cunha ampla extensión de 111,76 quilómetros cadrados.
“A Lama conta entre os seus recursos máis valiosos as súas áreas recreativas, praias fluviales e unha ampla zona catalogada como LIC, a Serra do Cando. Estas zonas, debido a súa especial sensibilidade necesita unha continua realización de actividades de mantemento consistentes na limpeza e roza mecánica e manual. Esta furgoneta permitirá o transporte dos operarios por toda a extensión do concello”, rematou Jorge Canda.