publicidade hoxe

A Lama, Covelo, Fornelos, Mondariz e Mondariz-Balneario avanzan na creación dunha agrupación de Protección Civil para os cinco concellos

Reunión dos alcaldes

Reunión dos alcaldes

Os alcaldes de A Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz e Mondariz-Balneario mantiveron unha xuntaza co director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e técnicos da Xunta para analizar a posibilidade de crear unha agrupación de Protección Civil que dera servizo aos cinco concellos citados.

A xuntanza, que tivo lugar no Consistorio de A Lama, serviu para poñer de manifesto as necesidades que en materia de seguridade e protección civil presentan estes cinco concello situados no interior da provincia de Pontevedra e a moita distancia dos centros de intervención rápida de emerxencias. 

Os alcaldes expuseron las dificultades técnicas y administrativas que supoñía a posta en marcha deste servizo e avogaron por impulsar unha agrupación de voluntarios que tivera como eixo central de actuación os cinco concellos citados. 

Pola súa banda o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acolleu de moi bo grado a intención destes alcaldes de avanzar por este camiño posto que suporía unha iniciativa de gran importancia social para os concellos obxecto desta proposta e que serviría tamén para impulsar medidas de axuda á súa concreción desde a administración autonómica debido á colaboración demostrada polos cinco concellos. “Á hora de presentar propostas e acudir ás subvencións terían certo interese para a Xunta de Galicia polo feito de que provirían, estas peticións, de cinco concellos, o cal entraría dentro da vontade do goberno galego de impulsar proxectos comúns entre concellos”, manifestou Luis Menor. 

Unha vez recollida toda a información ao respecto, os alcaldes asistentes a esta xuntanza estudiaran cos seus respectivos equipos de goberno e fixarán unha próxima reunión para seguir avanzando neste tema que foi cualificado de grande interese por tódolos asistentes ao encontro.A

6 de novembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.