A Guarda acolle unha reunión para todas as persoas interesadas en colaborar na II Edición do Trail do Trega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Mañá, xoves día 19 de novembro, está convocada unha reunión para que acudan todas as persoas interesadas en colaborar coa II Edición do Trail do Trega, que se celebrará o domingo día 29 de novembro. A cita é as 19,30 horas no Concello da Guarda.

Este encontro ten coma finalidade coordinar as actividades que desenvolverán cada un dos voluntarios no Trail.

Inscricións abertas

As persoas interesadas en participar, xa sexa no propio trail ou na andaina paralela, aínda están a tempo de inscribirse. Así poden entrar na páxina www.galitiming.com, para anotarse.

O trail ten un percorrido de 18 kilómetros e a saída, dende a explanada de A Sangriña, será ás 10 horas. Pola súa banda, a andaina, que sairá do mesmo lugar, comezará ás 9,15 horas.

18 de novembro de 2015 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.