“A Esmorga” dá o salto ao mercado ca posta na rúa de 10.000 copias de DVD
O director da película “A Esmorga”, o gran acontecemento cinematográfico en Galicia ao longo do último ano, pasou onte polo Festival de Cine de Ourense para anunciar a posta á venda de 10.000 copias do filme en DVD. Ignacio Vilar está acompañado na campaña de promoción por Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”, aos que mañán se unirá KarraElejalde (estarán os catro no Centro Comercial Ponte Vella), os tres protagonistas que deron vida a Cibrán, Milhomes e Bocas, respectivamente, na película. A segunda gran nova en relación ca película anunciounaVilar, dando a coñecer que na próxima primaveira iniciarán a promoción en Latinoamérica, “especialmente en Arxentina, ondehaiunha importante colonia galega e onde Eduardo Blanco Amor escribiu a novela”. Será, probablemente, nas datas coincidentes caFeira do Libro de Buenos Aires, que nasua próxima edición estará dedicada a Santiago de Compostela.
Presentados por César Silva, director de programación do Festival, asistiutamén a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, quen se destacou a “grande actividade cultural que estamos tendo esta semana en Ourense”, e nomeadamente a saída á venda de “A Esmorga” en DVD. Asimesmo, declarouse “orgullosa” de estar no acto, pois “A Esmorga leva o nome de Ourense polo mundo adiante”.
Ignacio Vilar, polasua banda sinalou que “eiquíempezou todo”, referíndose a que “A Esmorga” foiestreadana sesión de inauguración do Festival de Cine de Ourense na edición do ano pasado. “A Esmorga está viva, poisa inda polos cines e agora en DVD”. Tamén se amosou orgulloso de que a película “superara en permanencia na pantalla a grandes superproduccións norteamericanas e, ademáis, ainda recibe premios”, como é o caso recente de Toulouse, ondefoi a gañadoraao recibir galardóns os protagonistas, a fotografía e o propio Vilar o de mellorraelizador, premio creado expresamente para íl. O director engadiu que agora “estamos facendounha gran campaña, que esperamos que taménsexa un éxito”, dixo, apelando a que a xente “regale cine galego” polo Nadal.
Miguel de Lira subliñou que esta iniciativa da edición da película en DVD supón “unha democratización” da historia baseadana grande novela de Eduardo Blanco Amor, e iso cobra sentido especial no lugar onde o dixo, pois “Ourense é a casa de A Esmorga”. “Aquela iniciativa foi un reto que agora vemos que fomosquenes de superar”, dixo.
Antonio Durán “Morris”, polasua banda, afirmou que “é unhafelicidade ver fotos do Festival nas redes sociais, pois nacemos eiquíhai un ano, para conquistar Galicia e logo España”, naque todos eles apoiaron a promoción por toda España nunha furgoneta.
A cinta, ademáis da película, contén case 70 minutos de imaxes sucedidas ao longo do ano logo do seu estreno.











