A escola de música de Sober conmemora Santa Cecilia
O Goberno local do Concello de Sober e a Escola Municipal de Música conmemoran Santa Cecilia, patroa da música. Os actos desenvolveranse o sábado día 21 e o domingo día 22 de novembro.
O sábado 21 de novembro a celebración comezará cunha actuación da Banda Xuvenil da Escola ás 11:00 horas no Centro Sociocultural. De seguido actuará o coro da Escola e ás 11:30 horas será a quenda da xincana musical. Ás 13:30 horas haberá un xantar para todos os participantes.
O domingo día 22 de novembro haberá misa ás 11:30 horas na Igrexa Nova de Sober na honra dos músicos e músicas falecidos. Ás 19:00 horas as Xuventudes Musicais de Sober organizan o Concerto do Quinteto de Vento DACAP. A actuación terá lugar no Centro Sociocultural.
Coincidindo con esta celebración e tras o concerto de corda, o Concello de Sober fará entrega dos premios do concurso de fotografía da vendima que se levou a cabo a través do Facebook e no que participaron máis de cen persoas. O gañador de cada unha das categorías será obsequiado cunha cea no Restaurante Merenzao, de Cadeiras, o segundo galardoado levará un lote de botellas de viño de Amandi e o terceiro unha peza de olería de Gundivós.
Premiados
Modalidade de fotografía convencional:Ana LR, Verónica Bao e Rosi Díaz.
Modalidade de selfie:Emilio Xosé, Javi Chavián e Rosa Fernández.