A Deputación de Pontevedra súmase ao Día Mundial da Diabetes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra unirase ao Día Mundial da Diabetes, que se celebra o vindeiro 14 de novembro, sumándose aos actos promovidos pola Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia (ANEDIA). Así, o 13 de novembro, a partir das 20:00 horas, o Pazo provincial tinguirase de azul, cor da diabetes.

Este ano os actos céntranse na concienciación sobre a realidade das nenas e os nenos con diabetes, pero ademais ANEDIA quere reivindicarlle á Consellería de Educación un protocolo de actuación para regular a atención do alumnado diabético. Neste sentido, a presidenta da Deputación de Pontevedra considera “fundamental que as nenas e os nenos diabéticas e diabéticos escolarizados en centros educativos galegos deben ter unha atención inmediata, rápida e eficaz, polo que a Consellería de Educación ten que regularizar de forma urxente un protocolo de actuación”.

O Día Mundial da Diabetes foi instaurado pola Federación Internacional da Diabetes e a OMS en 1991 coa finalidade de aumentar a concienciación global sobre esta enfermidade. Celébrase o 14 de novembro por ser o aniversario de Frederick Banting quen, xunto con Charles Best, concibiu a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina en outubro de 1921.

12 de novembro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.