publicidade hoxe

A Deputación de Ourense promove o cooperativismo no medio rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaBandeCenlleLobiosMacedaOurenseTrasmirasXunqueira de Ambía
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe cos alcaldes de Cenlle, Lobios, Bande, Trasmiras, Xunqueira de Ambia, A Veiga e Maceda, con quen analizou a posibilidade de poñer en marcha un proxecto de creación de emprego en zonas rurais en base a cultivos hortoflorícolas de explotacións individuais ou en común.

A iniciativa parte da cooperativa Hortoflor 2 e ten como obxectivo achegar solucións á problemática do emprego no rural. Neste senso, trátase de crear cooperativas de entre catro e seis persoas que acheguen cada unha uns cinco mil metros de terreo, e que se constitúan en asociación traballando conxuntamente as explotacións, permitindo así que se poidan organizar as quendas de traballo e os días libres. O grupo seguiría as pautas de cultivo marcadas por Hortoflor 2 coa finalidade de que os terreos sexan produtivos e se poida organizar o traballo axeitadamente.

Manuel Baltar informoulles aos alcaldes na reunión que a estes grupos de traballo se poden incorporar tanto xóvenes como parados de longa duración, persoas discapacitadas ou aqueles traballadores maiores de 45 anos que teñan perdido seu emprego como consecuencia da crise económica, potenciando desta maneira o autoemprego.

Os produtos que cultivarían serían flores e hortalizas, por medio dun modelo de explotación diversificada que permite maior estabilidade nos ingresos anuais ao realizar unha plantación continuada ao longo do ano e un mellor aproveitamento dos recursos agrarios.

Manuel Baltar afirma que a Deputación de Ourense “está a impulsar iniciativas que contribúan a favorecer a fixación de poboación no rural e que potencien iniciativas de emprego. Precisamente, a Deputación de Ourense e o Concello de Bande organizan o Foro de cooperativismo e autoemprego no medio rural, enmarcado no Plan “Transforma Ourense”, que ten como obxectivo apostar polo emprendemento e por fórmulas de éxito para a xeración de emprego como poden ser o cooperativismo e o propio autoemprego”.

4 de novembro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.