A débeda cero da Deputación de Lugo permite aumentar os investimentos no 2016 cun Presuposto de 87,8 millóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, compareceu este xoves na Comisión deEconomía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para informar das liñasdo Presuposto da Deputación de Lugo para 2016. O orzamento consolidado doorganismo provincial para o vindeiro ano ascende aos 87,8 millóns de euros,cifra lixeiramente inferior a de 2015, pois o presuposto dese ano é de 89,4millóns, pero no que se incrementan os investimentos reais na provincia en 8,1millóns de euros grazas á débeda financeira de cero euros que ten a instituciónluguesa. Campos Conde explicou que “no 2015, achegamos 9,7 millóns de euros aamortizar a débeda da Deputación ata acadar os cero euros. Esta cantidade pasano 2016 a formar parte dos investimentos. Isto permítenos aumentar as partidasde todas as nosas políticas de actuación e poñer en marcha novas iniciativas”.

Os veciños e os Concellos son os protagonistas

“O Goberno Provincial negou aos veciños Presupostos Participativos no 2016.Isto xa non ten volta atrás. Pero eu non entendo de política de retrovisor. No2017, a Deputación de Lugo volverá a ter Orzamentos Participativos”, adiantou.Con todo, o Presuposto da Deputación para 2016 responde ás prioridades que oslucenses trasladaron á institución durante a elaboración das contasparticipativas do 2015, que son o fomento do emprego, as políticas sociais e asinfraestruturas; así como á necesidade de cooperar cos 67 Concellos daprovincia na prestación de servizos para os cidadáns e no aforro de custoscorrentes.

Primeiro froito da débeda cero

Campos Conde subliñou que “o primeiro froito da nosa débeda cero é que aDeputación de Lugo seguirá sendo no 2016 a institución galega que máis invisteen emprego na provincia luguesa”. A institución provincial achegará 6 millónsde euros a posta en marcha de novos plans de emprego para os veciños dos 67Concellos da provincia luguesa. Ademais, continuará co desenvolvemento das dúasedicións do Ben Empregado, que contan cunha achega de 10,5 millóns de euros.Con este orzamento, o organismo provincial asume os custos laborais e daseguridade social de máis de 750 lucenses que estaban no paro, e que agoratraballarán en empresas e entidades da provincia durante un mínimo dun ano.Créanse, polo tanto, máis de 750 empregos de calidade, pois nos contratosincorpórase a obriga de contar con cláusulas sociais en defensa dos dereitosdos traballadores. “No 2016, seguiremos incorporando cláusulas sociais noscontratos da Deputación, que blinden os dereitos dos traballadores”.

“Tamén crearemos uns 20 novos postos de traballo, ao tempo que manteremosducias de empregos que, directa ou indirectamente, proceden dun sector punteiroen toda a Comunidade galega, como é o lácteo, e que está a vivir unha situacióninsostible polo abandono das principais administracións no país. Farémolomediante a posta en marcha, coa participación directa dos propios gandeiros comomellores coñecedores do sector, do primeiro Centro de Recría de gando vacúnpúblico en España”.

Neste senso, o Presidente destacou que no 2016 se investirán máis de 2,6millóns de euros en axudas para o sector primario, continuando conprogramacións como a de recuperación de terras abandonas, que é pioneria nunhaDeputación galega.

Segundo froito da débeda cero

O segundofroito da débeda cero na Deputación é a posta en marcha dun Plan Integral deTurismo na provincia. “No 2016, achegaremos ao inicio deste proxecto 500.000euros. Trátase dunha ambiciosa iniciativa, que desenvolveremos ao longo domandato (2015-2019), pois queremos converter a nosa provincia nun referenteturístico no país, xerando máis emprego e favorecendo o crecemento económico destesector. Hoxe o turismo xa representa o 13% do produto interior bruto de Lugo.Para elo, avaliaremos os recursos dos 67 Concellos da provincia, que fan queLugo sexa única. E farémolo en coordinación cos todos os profesionais dosector. Dende os establecementos hostaleiros, de comercio, empresas de lecer…ou cos colectivos que aglutinan a estes profesionais. Ademais, seguiremoscolaborando co impulso da súa actividade cunha partida de case 2 millóns deeuros”.

Terceiro froito da débeda cero

“O fomento doemprego nunha provincia coma Lugo que é, xunto con Ourense, a máis envellecidade Galicia, pasa polo impulso das políticas sociais. Esta é outra dasprioridades dos lucenses, á que atendemos no Presuposto para 2016,incrementando os investimentos para políticas sociais ata superar os 10 millónsde euros. Terceiro froito da nosa débeda cero”.

NoOrzamento de 2016, refórzanse as axudas para persoas con discapacidade e paramaiores, con máis de 2,5 millóns de euros en axudas para colectivos sociais, oSAF, teleasistencia ou para actividades en impulso da autonomía. Investirasepreto de 1 millón de euros no funcionamento das primeiras residencias e centrosde día públicos da Deputación de Lugo, que darán emprego directo a ducias depersoas, ao tempo dinamizarán a economía local nos Concellos, facendo fronte,deste xeito, á sangría demográfica que sofre o noso rural. “Esperamos acadar ospermisos legais da Xunta para facelo”.

Colaboración e reclamacións

“Do mesmoxeito que dicía que a situación do desemprego é dramática, tamén o é adesertización do noso rural. Todas as administracións temos que actuar xa.Sumemos esforzos para ofrecer oportunidades laborais e servizos no rural cosque frear esta lacra migratoria. Quero aproveitar a miña primeira intervenciónnesta Casa para brindar a máxima colaboración da Deputación de Lugo coasrestantes administracións do país. As institucións non deben entender dediferentes cores políticas, senón de cooperación para ofrecer solucións aoscidadáns”.

“E nesteapartado, tamén é imprescindible que, como Presidente da Deputación de Lugo, ecando a miña obriga é defender os intereses dos lucenses, faga unha reclamaciónespecífica á Xunta de Galicia. A de Lugo segue a ser a única Deputación deGalicia que non recibiu financiamento da administración autonómica parapolíticas sociais. É público e oficial que os restantes organismos provinciaisrecibiron da Xunta de Galicia en pasadas anualidades, polo menos, máis de 25millóns de euros. Polo tanto, teño a obriga de reclamar á administraciónautonómica un trato xusto para os lucenses. O mesmo trato que para os cidadánsdas restantes provincias galegas. Como dixen anteriormente, vamos a poñer enmarcha o Centro de Recría sen apoio da Xunta. E tamén vamos a abrir os nososcentros para maiores sen el. Creo que é de xustiza que a administraciónautonómica, que financia prazas públicas en centros da terceira idade deiniciativa privada, tamén o faga nos públicos da Deputación de Lugo”.

“E non meesquezo da demandada residencia de maiores de Ribadeo, que a Deputación de Lugofinancia, practicamente, na súa totalidade, con 1,8 millóns de euros, dos que200.000 euros proceden do Orzamento para 2016. Tamén é a miña obriga lembrarque a Xunta de Galicia, que se comprometeu a achegar 500.000 euros a estadotación social, aínda non planificou este investimento nos seus orzamentos.Nas contas autonómicas deste ano, volta a non figurar partida algunha. Osveciños de Ribadeo estana a esperar.”

Educación

“E no eidodas políticas sociais, destaca tamén o esforzo inversor que seguimos a facer naeducación pública de calidade. Para nós, a educación non é un gasto, senón uninvestimento de futuro, o dos nosos mozos. Por iso, mantemos o único centro público na provincia que imparteensinanzas superiores no eido audiovisual: a Escola de Imaxe e Son da FundaciónTIC. E facémolo con 1,6 millóns de euros, que nos permitirán, entre outrascousas, que, por noveno ano, a matricula na Escola sexa gratuíta para os non repetidores”.No 2016, tamén se achegan outros 350.000 euros ao Plan de Impulso do Campus deLugo. Ademais, o vindeiro curso académico (2016-2017) abrirá as súas portas ocentro de referencia da UNED no noroeste de España, que se sitúa na capitalluguesa, cuxas obras financiou a Deputación con 2 millóns de euros.

ADeputación de Lugo xa é a que máis inviste de todo o Estado en Deporte porhabitante e ano, despois das forais vascas e os cabildos. No 2016, manteranseas axudas deportivas de 2,6 millóns, e as culturais de case 1,6 millóns paracolectivos e Concellos.

Infraestruturas

A terceiraprioridade que determinaron os lucenses foi a mellora das infraestruturas. ADeputación investirá case 4 millóns de euros na mellora de estradas provinciase municipais dos 67 Concellos lucenses, aforrando custes ás entidades locais. Amaiores, levará a cabo as seguintes programacións: o Plan de Obras e Servizoscon 4,2 millóns de euros. Pois no 2016, a Deputación; o Plan de Conservación darede viaria provincia máis extensa de España, pois supera os 4.200 quilómetros,que conta con 6,3 millóns de euros.

Reforzo das prestacións aos Concellos

“Durante osúltimos 8 anos, a Deputación de Lugo reforzou as prestacións aos 67 Concellosda provincia, deixando de ser unha mera intermediaria e distribuidora derecursos, para traballar en rede como un goberno local intermedio. Creouse aárea de cooperación cos concellos, que non existía ata a chegada de José Ramóná Deputación, onde prestamos a todos os municipios, de xeito gratuíto,asistencia xurídica, urbanística, tecnolóxica, medioambiental,económico-financeira, sobre recursos humanos ou contratación, entre outras,aforrando aos municipios miles de custos”

“Nestemandato, vamos a dar un paso máis no reforzo dos servizos aos 67 Concellos daprovincia, ofrecéndolles novas vías de colaboración para a prestación deservizos básicos aos veciños e para o aforro de custos correntes. Adicaremoscase 1,6 millóns de euros do Orzamento de 2016 ao estudo de fórmulas de colaboración na recollida e naxestión de residuos municipal, que sexan máis económicas e ecolóxicas; así comoa posta en marcha de novas actuacións coas que reducir gastos enerxéticosaos Concellos. Dende a Axencia Provincial da Enerxía daDeputación xa ofrecemos a todos os Concellos un Plan Enerxético gratuíto, coque conseguimos un aforro inicial para as arcas municipais de 2 millóns deeuros. E tamén lles ofrecemos unhaanálise da facturación eléctrica para reducir ata nun 20% estes custos”.

6 de novembro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.