publicidade hoxe

A Corporación de Mos visita o Hospital Ávaro Cunqueiro co conselleiro de Sanidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Visita ao HAC

Visita ao HAC

Despois de terse reunido con el onte en Santiago para abordar o tema da cesión da titularidade do Centro de Saúde do Rebullón ó Sergas, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta tarde xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, as instalacións do novo hospital público Álvaro Cunqueiro, que dá servizo ás 600.000 persoas que habitan a Área Metropolitana de Vigo (que constitúe a área sanitaria de maior poboación de Galicia).

Á visita, guiada polo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, Félix Rubial Bernárdez, e pola directora de Procesos Asistenciais, Mar Vélez, asistiron tamén representantes doutros Concellos da Área como Cangas, Covelo, Gondomar, Nigrán e Ponteareas.

Ademais da rexedora local mosense estiveron presentes outros integrantes do equipo de goberno como a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e os edís Kely Monzón, Camilo Augusto, Julia Loureiro, Cándido Pérez e Óscar Soto; así como outros membros da Corporación Municipal, concretamente Aurora Giráldez Leirós e Roberto Rodíguez Dasilva do grupo Gañamos.

Todos os asistentes fixeron unha ruta completa polas dependencias do complexo hospitalario, partindo do vestíbulo principal e puidendo coñecer os bloques técnico-quirúrxico, de hospitalización e de hospital de día; así coma a área ambulatoria, a zona de consultas de pediatría e obstetricia e a zona de consultas xerais. 

O obxectivo desta visita é que os representantes municipais coñezan de primeira man as instalacións do que é o seu hospital e o do seus conveciños e conveciñas.  Precisamente onte en Santiago Nidia Arévalo abordou con Vázquez Almuíña o tema do novo hospital Álvaro Cunqueiro, “que nos preocupa porque é o hospital dos e das mosenses”, declarou Arévalo, quen puido comprobar, xunto co conselleiro de Sanidade, que o transporte interurbán ata o novo hospital está xa optimizado e en marcha, solucionadas as incidencias iniciais, e que o concerniente ó aparcadoiro está a tratalo persoalmente o conselleiro coa empresa, en aras de poñerlle solución en breve.

18 de novembro de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.