publicidade hoxe

A Coral Ventos do Val celebra unha nova edición da súa Xuntanza Coral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A mosense Coral Policónica Ventos do Val de Petelos, agrupación sen ánimo de lucro, organiza a XV Edición do Concerto de Xuntanza Cultural de Corais. Trátase dun evento musical pensado polos seus organizadores como un xeito de achegar o canto coral a todos os amantes do canto polifónico, así como ós interesados empezar a coñecelo máis a fondo.

O concerto celebrarase o domingo 15 de novembro ás 18.00 horas no auditorio do Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos. A entrada será libre e de balde para todas aquelas persoas que desexen asistir.

Neste evento musical de intercambio cultural participarán, ademais da anfitriona Coral Polifónica Ventos do Val, a Coral Polifónica de Tomiño e a Coral Polifónica Virxen da Barca de Muxía (A Coruña). 

A Coral Polifónica Ventos do Val pecha neste 2015 un ciclo de intercambios coma os realizados en O Rosal, Leiro (Ourense), Santander, e de participación en Misas Maiores nas parroquias do Concello. 

Neste próximo concerto Ventos do Val interpretará un repertorio variado de cancións populares galegas, ‘habaneras’, xotas, ‘boleros’ e zarzuelas. Os obxectivos e ilusións máis inmediatos desta coral son mellorar o seu repertorio e conveniar con agrupacións corais doutros municipios todo tipo de intercambios que enriquezan culturalmente a ambas partes.

9 de novembro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.