publicidade hoxe

A Banda de Música Xuvenil de Torroso actúa no IX Certame Galego de Bandas de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O vindeiro sábado 21 de novembro ás 16.30 horas, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, participará no IX Certame Galego de Bandas de Música que organiza a Federación Galega de Bandas  e que se celebrará no Auditorio Galicia, en Santiago de Compostela.

Supón un evento moi  importante que recoñece a valía da Banda de Música Xuvenil de Torroso  a nivel autonómico.

Por outra banda, esta fin de semana,  o Centro Dotacional de Torroso acolle un festival de playback. Será o domingo día 22 de novembro ás 18:00 horas e participarán os grupos de playback do Centro Cultural Abrente e Noites Meigas de Guizán.

19 de novembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.