A atleta Joselyn Brea volveu sumar outro podio
Os atletas da Sociedade Ximnástica sumaron moi bos resultados na carreira popular de San Martelo, celebrada en Ourense e con máis de 11.000 corredores populares. Para empezar Joselyn Brea conseguiu unha magnífica segunda posición na categoría feminina, cun rexistro de 35 minutos nos 10 quilómetros oficiais do percorrido.
En categoría masculina tres atletas do equipo lerezano entraron nas dez primeiras posicións, Jorge Puig cun sétimo posto, Rubén Diz, noveno e Iván Docampo, décimo. Ademais Jorge asinou en meta 32 minutos e 12 segundos, que é un novo record galego júnior da distancia.
Tamén hai que resaltar os pódiums de Adrián Lago, que foi segundo Júnior e Fernando Rial que na carreira xuvenil acabou en segundo lugar.











