A Asociación de Amigos da Música de Ordes honra a Santa Cecilia con concertos, xantares populares, xogos, sorteos e moita música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebrará este vindeiro sábado, 21 de novembro, a festividade de Santa Cecilia. Un econtro no que non faltarán os  concertos, xantares, verbenas, xogos populares, sorteos etc.

Para conmemorar a festividade da patroa da música nada mellor que un concerto ofrecido pola propia Banda de Música de Ordes. Será ás 13.30 horas no pavillón Campomaior e a él poderán asistir todas e todos aqueles que o desexen. Alí tamén terá lugar o gran xantar de confraternidade. Petiscos variados, empanada, polbo, carnes, sobremesas e café completan a carta para ese día.

Será arredor das 17.30 horas cando novamente os músicos volvan a ofrecer un recital en aberto para toda a veciñanza. A parte máis animada virá coa verbena que correrá a cargo do grupo Alborada, a cal dará comezo a iso das 20.30 horas. Ademais tamén haberá servicio de bar e calefacción para facer máis agradable o encontro.  

17 de novembro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.