Xunta e Concello de Ourense colaboran na rehabilitación da Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
O alcalde de Ourense na reunión con Alfonso Rueda

O alcalde de Ourense na reunión con Alfonso Rueda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez mantiveron hoxe unha xuntanza onde analizaron asuntos da competencia da Consellería relativos á cidade, e as súas demandas e necesidades sobre outras áreas da Xunta.

Alfonso Rueda destacou o recentemente asinado convenio de cooperación para a remodelación da planta segunda da casa consistorial da capital das Burgas, que conta cun orzamento global de preto de 60.000 euros, dos que o goberno galego aporta o 80 por cento, e incidiu que a cooperación entre Administracións é fundamental para ofrecer o mellor servizo aos cidadáns.

O concello de Ourense expuxo a necesidade de acometer obras de remodelación da planta segunda no concello polas deficiencias existentes no interior do edificio, polo que grazas á esta axuda da Vicepresidencia mellorarase a seguridade do edificio, e permitirá aproveitar mellor os espazos, beneficiando non só aos traballadores do concello, senón a todos os ourensáns.

Ademais, o Goberno galego reitera o seu apoio aos concellos e compromiso coas facendas locais, xa que hoxe mesmo foi aprobado polo Consello da Xunta os orzamentos 2016, que incrementan en tres millóns de euros o Fondo de Cooperación Local e crean unha reserva de máis de dous millóns de euros para o Fondo de Fusións. A todo elo súmanse o Fondo de Compensación Ambiental e distintas liñas de axudas e subvencións de ámbito municipal convocadas polas distintas consellerías.

19 de outubro de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.