publicidade hoxe

Xove presenta unha campaña de fomento do galego no comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Campaña de fomento do galego

Campaña de fomento do galego

O Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local ven de deseñar unha campaña para fomentar o emprego do galego no comercio e na industria do municipio. Subvencionada pola Xunta de Galiicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística  e en colaboración coa ACIAM.

‘Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego’ é o nome da primeira das accións deseñadas para esta campaña que ademais pretende incentivar o consumo nas empresas locais, desenvolvendo un concurso no que poderán participar todas as persoas que asío desexen.

Sóé necesario realizar unha autofoto, popularmente selfie, na que se mostre o eslogan da campaña #EuMercoEnXove,EuMercoEnGalego e enviala ádirección de correo electrónico concursoxove@gmail.com antes do 8 de novembro. As imaxes serán publicadas no Facebook do Concello e sometidas a votación popular, as tres imaxes con máis ‘Me Gusta’gañarán, cada unha, un vale de desconto para mercar nas empresas do Concello.

O luns 9 de Novembro serán publicadas as fotografías que participarán no sorteo, así coma as outras accións da campaña que inclúen a edición de cartaces publicitarios e dun video promocional da campaña Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego.

O deseño desta campaña foi elaborado pola Iniciativa Local de Emprego de Xove: Fabián Ben Conde Digital Marketing & Community Manager.

19 de outubro de 2015 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.