Xornada informativa en Boqueixón para os produtores locais
O Concello de Boqueixón organiza unha Xornada Informativa para os Produtores Locais o vindeiro martes 6 de outubro de 2015 ás 15:00h. no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Cóntase coa intervención do Subdirector Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, un enxeñeiro técnico da Oficina Agraria Comarcal de Santiago e o alcalde de Boqueixón.
O obxectivo xeral é explicar e aclarar dúbidas sobre o novo Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final, tratarase tamén de ver outras posibilidades de venda directa en feiras- mercados da zona, dificultades que se atopan os produtores, necesidades, etc.
Esta xornada enmárcase dentro dun Plan de fomento e apoio ó sector agrario, que o concello de Boqueixón comenza a desenvolver.