Xornada formativa sobre como actuar con persoas con discapacidade visual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Terras de Pontevedra organiza unha xornada formativa sobre “Como actuar de xeito normalizado con persoas con discapacidade visual”. A actividade vai dirixida ao persoal do sector turístico aínda que está aberta as persoas en xeral interesadas no tema. A cita é o próximo luns 26 de outubro, de 18:30 a 20:00 horas na Casa da Luz, Praza da Verdura.

A sesión estará impartida por Marisol González Pérez, técnico de Rehabilitación da ONCE quen tratará dun xeito dinámico e práctico distintas cuestións relacionadas coa atención ás persoas e colectivos con discapacidade visual.

Entre os obxectivos da xornada atópanse: achegar unha linguaxe adecuada aos profesionais do sector, formar aos usuarios para que presten unha atención lóxica, concienciar das necesidades deste colectivo, mellorar a calidade do servizo turístico accesíbel…

A asistencia é libre ata completar aforo, mais precisa de inscripción previa no correo contacto@tallerabierto.info ou no teléfono 617340323. Terras de Pontevedra é unha mancomunidade turística cuxos obxectivos son pór en valor, mellorar a oferta e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa.

23 de outubro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.