Xornada de “Comerciantes fóra de serie” en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Federación de Comercio de Ourense está a desenrolar unha serie de xornadas co lema “OURENSE É COMERCIO, Convén entendelo, Convén sabelo, Verás por qué”. 

Proxecto para crear e difundir un novo xeito de coñecer e redescubrir a  importancia do comercio ourensán; para reivindicar a súa esencia e modernidade; o seu valor e a súa capacidade de xerar riqueza; a súa contribución a definir espazos sensibles e afectos urbanos; a transmitir unha visión estética optimista e orgullosa, e fortalecer o valor social da actividade; a súa importancia para facer as cidades máis habitables e a súa aportación para crear espazos máis humanos, atractivos e vivos. Porque os comercios son portas abertas.

O obxectivo primordial é producir recoñecemento, adaptación os novos tempos e deslizar unha mensaxe subliminal de futuro e utilidade, que facilite a percepción de cambio necesario e que exprese a existencia dunha xeografía social da que ninguén se ocupou debidamente nos últimos anos. O novo comercio debe crear os seus novos clientes, que o entendan, o respeten e o defendan. É un cambio sociolóxico obrigado. É o peche dun ciclo e o nacemento doutro. 

Nesta dirección conxúganse elementos básicos, como son a transformación, a reafirmación, o recoñecemento, o afianzamento, o desenvolvemento dunha marca personalizada e a creación dunha nova identidade que configure unha visión acolledora, moderna e imprescindible da actividade comercial, dentro dun contexto social no que a súa presenza se signifique como claramente imprescindible.

O criterio será puramente pragmático, según se contemplen aspectos estéticos, tradicionais, vangardistas, históricos, humanos ou orientados a atender necesidades da poboación. Con reflexións e experiencias referidas ó sector, á actividade, á tradición, ás lembranzas ou ó futuro. Porque as cidades son cidadáns e son comercios. A un tempo. Sen eles,  serían outra cousa ou non serían.

Hoxe, xoves 8 de outubro, ás 20.30 h no  Centro Cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a Segunda Xornada deste ciclo, nesta ocasión coa denominación “Comerciantes fóra de serie”con entrada libre e gratuita ata completar aforo.

A xornada de hoxe terá como moderador a Rubén Riós, coñecido como actor por series como “Libro de familia” ou películas como “Pradolongo” e “Vilamor” é tamén director e produtor. Pasou a súa infancia detrás do mostrador da tenda de seus pais. Como empresario creou RURALMENTE: produtos lácteos, xeados, pan e empanadas de fariña de castaña e embutidos selectos. O luns abrirá na Coruña a súa primeira tenda física.

Na xornada de “Comerciantes fóra de serie” razoan tres persoeiros de series coñecidas da televisión con papeis de comerciantes como son: Manuel Manquiña, que ten un longo e recoñecido recorrido profesional en teatro, cine e televisión, con personaxes memorables como o famoso Pazos de Airbag. Na serie “Era visto!” fai de don Anselmo, un emprendedor de suministros; Patricia Vázquez, actriz dende hai 25 anos, moi recoñecida por rexentar con man de ferro, un dos negocios de hostalería máis populares de Galicia, o bar-tenda de Lidia, na serie de TVG “Padre Casares”. É neta dunha tendeira parecida a Lidia. Protagoniza a serie “Era visto!”; e Tacho González, actor e presentador, coñecido por ser o paciente tendeiro/taberneiro consorte de Lidia en “Padre Casares”. Crióuse nunha librería de Vilagarcía de arousa onde aprendeu a tratar coa clientela e a envolver libros para regalo nas tardes de Reis.

8 de outubro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.