‘Xantar contigo’, cociña personalizada, de calidade e equilibrada directa ao teu domicilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Xantar contigo, así se denomina o programa de alimentación a domicilio posto en marcha pola firma compostelá Airas Cátering co obxectivo de facilitar ao usuario a posibilidade de disfrutar dunha alimentación sa, servida directamente ao domicilio. Xantar contigo presenta menús personalizados e equilibrados nutricionalmente, elaborados a partir só de produtos frescos e de primeira calidade, por un prezo de 10 euros.

O programa comercialízase mediante tres plans: de 7, 5 ou 3 días por semana respectivamente. Cada plan consiste nun menú completo integrado por un primeiro e segundo prato. En total, a firma conta cuns 160 pratos dispoñibles elaborados segundo a receita tradicional, seguindo fundamentalmente a dieta atlántica, e envasados sen aditivos nin colorantes, mediante o inocuo e seguro sistema de atmosfera protectora. Deste modo, establécense distintas dietas como a basal, baixa en graxa, vexetariana ou deportista. Non obstante, os menús poden adaptarse a calquera necesidade nutricional específica: diabetes, intolerancias…etc. 

Os plans de Xantar Contigo están pensados para satisfacer as necesidades dun perfil heteroxéneo de consumidor unidos por un denominador común: a falla de tempo. Tendo en conta este aspecto, pensouse na elaboración de menús que permitisen salvar este obstáculo sen necesidade de renunciar á calidade e equilibrio nutricional necesarios para o mantemento dos hábitos de vida saudables. Traballadores que deciden non comer diariamente fóra dos seus domicilios, persoas que elixen inverter en conciliación persoas, deportistas ou perfís que requiren unha dieta específica, comedores de empresa, persoas con maiores ao seu cargo…son algúns exemplos de usuarios potencian nos que pensou a firma para prestar este servizo.

Para contratar o mesmo é preciso reservalo con 72 horas de antelación mediante chamada telefónica ao 981 555 789 ou contactando mediante enderezo electrónico:airascatering@airascatering.com. Finalizado outubro, tamén poderán reservarse os menús grazas á aplicación que estará dispoñible na web www.airascatering.com.

22 de outubro de 2015 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.