Xa están á venda as entradas para o RC Celta – Valencia CF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Os despachos de billetes de Balaídos e a web do club comezaron a despachar as entradas para o partido RC Celta – Valencia CF (sábado 7 de novembro, 16:00h), encontro correspondente á undécima xornada de Primeira División. O club recupera para este partido os prezos habituais con entradas desde tan só 20€ en categoría ADULTO e de 15€ para SUB-25, uns prezos reducidos que engaden atractivo a un dos choques máis apetecibles da tempada. O cadro vigués, protagonista dun gran arranque de tempada, recibe a unha Valencia que suma dúas vitorias consecutivas na Champions League.

Os afeccionados poden adquirir as entradas nos despachos de billetes do estadio de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, salvo o luns 2 de novembro, día festivo. Os billetes poden adquirirse a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta as 24 horas de luns a domingo.

29 de outubro de 2015 | 20:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.