Vitoria de Sergio García na milla de Rivas
Continúan a celebrarse as tradicionais carreiras de milla na estrada, que copan o calendario no mes de setembro e primeiros de outubro. Nesta ocasión chégannos gratas noticias da celebrada na localidade madrileña de Parla, na que foi a 26 edición, coa vitoria do ximnástico, Sergio García, que cun rexistro de 4 minutos e 46 segundos, soubo imporse nun apertado sprint ao final dos 1.609 metros de distancia.
A milla de Rivas é unha carreira que xa está consolidada no calendario madrileño de carreiras populares e que contou cunha alta participación ao longo de toda a xornada.











