Vilagarcía concorrerá ás convocatorias europeas para financiar proxectos na cidade con fondos Feder
O Concello de Vilagarcía ten previsto concorrer as convocatiorias europeas de financiamento co obxectivo de acadar axudas dos Fondos Feder coas que desenvolver diferente tipo de proxectos e investimentos na ciddae. O gobernó encargoulle a Eptisa, a empresa que actualiza o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o estudo e elaboración de propostas, aproveitando a visita realizada polos técnicos para celebrar a segunda sesión de traballo conxunto de revisión do ordenamento urbanístico co gobernó local e os técnicos municipais.
Aproveitando o coñecemento do medio que xa teñen os técnicos de Eptisa sobre Vilagarcía, o Concello encargaralles a redacción dun proxecto para acceder á convocatoria de auxudas europeas dos fondos Feder. Esta liña de axudas ten diversas finalidades que van dende a mellora e creación de infraestruturas, a temas medioambientais ou de creación de emprego. Eptisa vai a estudar as bases da convocatoria para determinar a qué tipo de iniciativas podería concorrer Vilagarcía, así como a porcentaxe de e tope de financiamento para, posteriormente, deseñar os anteproxectos para os que se solicitarían as subvencións.
Por outro lado, o goberno local de Vilagarcía, xunto cos técnicos municipais e o equipo de Eptisa mantiveron hoxe unha longa sesión de traballo co obxectivo de ir avanzando a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilagarcía.
Este segundo encontro de traballo en conxunto serviu para ir concretando sobre os planos algúns dos cambios que o goberno de Alberto Varela pretende introducir no documento para axustalo ao modelo de cidade polo que aboga o grupo socialista, así como para corrixir erros ou carencias detectadas no primeiro borrador e que xa se poden ir solventando.
O alcalde comentou que a de hoxe que foi unha sesión de traballo intensa e longa, na que se foi traballando polo miúdo, con casos concretos sobre cada plano e un a un. O repaso dado hoxe responde aos traballos previos realizados a dúas bandas e de xeito coordinado entre os técnicos do Concello e de Eptisa, que se mantiveron en contacto permanente dende a primeira reunión na que se reactivou a revisión do PXOM, para detectar os casos que revestían algún tipo de carencia ou erro e de estudiar previamente as posibles solución que hoxe se foron trasladando á planimetría coa supervisión do goberno.
Na reunión tamén se comentaron as directrices que rexerán o Estudio da Fachada do Litoral encargado polo gobernó local a Eptisa e que non estaba inicialmente previsto nesta revisión do Plan. Os técnicos do gabinete urbanístico xa están dando os primeiros esbozos ao documento.
Rematado o encontro, o rexedor explicou que, aínda que se vai avanzando a bo ritmo, a revisión do Plan “estaba tan verde, que queda moito traballo por facer”. Neste sentido, Varela comentou na Xerencia de Urbanismo celebrada antes da reunión con Eptisa, informóuselles aos representantes da oposición sobre a sesión de traballo que se ía a manter e se lles anunciou que o goberno local ten prevista a creación da comisión de seguemento do PXOM integrada por todos os grupos, pero que comprobado o estado tan inicialno que se atopan os traballos o máis apropiado sería que a revisión estivese máis avanzada a efectos de que a comisión pudiera ter unha idea máis clara do documento.











