Vigo súmase ao Día Mundial contra o Cancro de Mama

Pancarta colgada no Concello de Vigo
Un gran lazo rosa loce hoxe luns na fachada do Concello en solidariedade coa celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. En declaracións aos medios, o alcalde lanzou esta mañá unha chamada á “sensibilidade e á proximidade”, ao tempo que trasladou todo “o noso apoio” ás doentes.











