publicidade hoxe

Venres de conferencias e concertos en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O concello de Cerdido ten programadas dúas actividades para mañá venres 16 de outubro. Unha das actividades vai dirixida aos rapaces e rapazas do CEIP da Barqueira. A actividade consiste nun concerto musical baixo o nome “Recital de contos cantados”  a cargo da compañía “A Xanela do Maxín”, no que a través de diferentes estilos musicais, avivan a imaxinación dos rapaces con xogos, adiviñas e cancións. Esta actividade terá lugar no cole a partir das 15:15 da tarde e poderán participar tódolos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.

A outra actividade é unha conferencia que correrá a cargo de D. Carlos Breixo, historiador e cronista de Ortigueira. A conferencia titulase “A comarca no Camiño de Santiago” e terá lugar mañá venres, na Casa da Cultura da Barqueira a partir das 19:30 horas. Esta actividade está aberta ao público polo que sería moi importante darlle a maior publicidade posible.

15 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.